miércoles, 24 de febrero de 2010

martes, 23 de febrero de 2010

Fotos Cultural Areas - Ourense







Cultural Areas 1-0 Ourense

Partido correspondente a xornada 26 onde se disputaba na Lomba o mellor partido da tempada no que en ambente falase, nin os rumores do temporal fixeron que tanto areans coma ouresans encheran a Lomba, con máis de mil siareiros dos cales máis dun cento eran ourensans.

O partido podese considerar que foi moi físico, a Cultural estivo moi seria no campo pese suas sete baixas. Os ouresans empezaron moi fortes cun tiro o poste e varias chegadas perigosas. Pero a Cultural empezou a soltarse e Nandi apiques estivo de abrir o marcador nunha falta que o porteiro ourensan mandou a corner. Nun corner no desconto do primeiro tempo chegaria o gol da Cultural, un golazo olimpico grazas o vento de Nandi.

Na segunda metade o Ourense apretou e tentou o empate, fallando ocasións como outro novo tiro o poste. A Cultural tamén tivo suas ocasións para ampliar o resultudo coma un man a man que errou Unai o un tiro de Gabi que lambeu o pau. Finalmente o partido acabou co unico tanto de Nandi a prol da Cultural.

Pero a xornada comezou moi cedo para os membros da Horda Pontarean e de OUligans. Os camaradas ourensans chegarian o noso local a polo medio día onde xuntos disfrutamos dunha churrascada, logo ambos grupos bebimos xuntos ata que quedaba case unha hora para o encontro e nos fumos pro campo.

Xa no campo seguiu o bo rollo e as cervexas, comezando o partido con ambos colectivos moi euforicos. Xa no encontro gran animazom por ambos dous grupos que fixeron que o encontro parecese mesmo de nivel de 2ªA.

O final 1-0 a prol nosa e despedida dos nosos camaradas OUligans, esperemos voltarnos a encontrar pronto compañeiros. (subiremos fotos a continuación)

FORZA AREAS!! FORZA OURENSE!!