viernes, 12 de marzo de 2010

8 de Marzo, día intenacional da muller traballadora.


Dende aqui apoiamos a todas as mulleres que loitan día a día pola igualdade e un traballo digno, por un mundo mellor.

martes, 9 de marzo de 2010

REPORTAXE: HINCHADAS E GRUPOS DESAPARECIDAS DAS BANCADAS GALEGAS

Como nomeamos na anterior reportaxe, agora trataremos de falar un pouco das antigas e míticas hinchadas galegas desaparecidas xa das bancadas. Moitas destas foron as primeiras hinchadas da Galiza e a base doutras actuais.

Podemos empezar falando dunha das pioneiras das bancadas galegas e a primeira de Balaidos, as Xuventudes Celestes. Este colectivo naceu no ano 85 e foi o primeiro grupo de animazom organizado que tivo o Celta. Por estes anos estabase empezando a desembolver o movemento de hinchadas no estado español. Esta hinchada podese decir que foi a base doutras posteriores como o Comando Celta é en menor medida tamén de Celtarras. Aínda hoxe en Balaidos moitos recordan os seus bengaleos e bandeirolos na grada de Río Baixo. Tamén oubo outro grupo que se creou no ano 87 pra animar o Celta xa desaparecido, eran os Celta sin Filtro, esta peña voltaria aparecer máis tarde pra definitivamente desfacerse pouco despois.

Xuventudes Celestes

Avanzando un pouco máis no tempo podemos falar de outro grupo coñecido que hoxe xa nom existe, situandonos agora en Lugo seu nome era Muralla Norte e creouse no ano 91 pra animar o Lugo C.F. Tivo bastante explendor ata o ano 95, pero logo foi decaendo pouco a pouco chegando como poido os anos 2002-03 pra desaparecer definitivamente. Nestes principios dos 90 crearianse tamén novos grupos xa desaparecidos como foron no Pontevedra o Frente Granate, o cal desfariase no ano 98 dando paso a Furya Granate a cal chega os nosos dias. Tamén na cidade das Burgas creariase a finais dos 80 un pequeno grupo que logo no 93 daria paso os colectivos Komando as Burgas e Radikais Vermellos pra animar o Ourense, estes dous grupos durarian ata o ano 97.
Muralla Norte

Na metade hacia finais dos 90 crerianse tamén no Compostela dous grupos novos xa extintos, eran os Compostolos e Brigadas Radikais, desaparecidos despois dos problemas do Compos os cales obrigaron a baixar o Club a preferente. Hacía finais dos 90 cabe engadir que no Racing de Ferrol creouse un grupo que a diferenza das demais hinchadas galegas de siareiros esta era de caracter ultra españolista cunha ideoloxía fascista, estes catro gatos chamabanse Infierno Ferrolano e desapareceron ala polo 2002, creandose a Curva Verde da Malata.

Torcida Incansable

Entrando no novo milenio crearonse novas peñas as cales nom tuveron moita duración, pero en cambio tiveron bastante bo nivel nos poucos anos que existiron, por exemplo no Deportivo a Torcida Incansable, fundada como peña deportivista no 2003. Outros grupos creados a principios dos 90 desaparecerian no final da decada e principios do 2000, como os ourensans Komando as Burgas e Brigadas Radikais no 97, dando paso a Old Firm e a Horda Vermella. Esta última desfariase no 04, creandose no seu sitio a Algarada Vermella.

Nese mesmo 2004, fundariase no Lugo o Frente Minho, colectivo de siareiros que desapareceu só tres anos despois. Cabe nomear nese mesmo ano fora do territorio galego actual co obexetivo de animar a Ponferradina, creariase o Skandalo Blankiazul, grupo considerado de siareiros pola tradizom do Bierzo galego e o caracter galeguista de moitos dos seus membros. Desapaecerian pucos anos despois. No 2005 tamén desfariase a Curva Verde do Ferrol sendo remplazandos por Ferrolterrans, grupo actual de ideoloxía confusa.

Skandalo Blanquiazul, ex-grupo de siareiros da Ponferradina.

Nestes últimos anos cabe destacar a aparición e desaparión intermitente do Comando Verdillón do Coruxo, asi como a fusión dos colectivos ourensáns Old Firm e Algarada Vermella para crear xuntas os OUligans no 2009.

En terminos xenerais concluese a gran taxa de mortalidade no que en grupos se refre nas bancadas galegas, pero tamén hai que decir que case todas foron remplazadas rápidamente con outros nomes. Admirable o mesmo tempo outros colectivos de siareiros que levan moitisimos anos dende a súa fudazom e seguen o pé do canom, como som dende o 87 os Celtarras e Riazor Blues, os Fende Testas dende o 94 co Compos aguantando nos momentos dificiles que tubo seu Club, ou a Furya Granate e Brigadas Lucenses que levan máis dunha decada apoiando suas equipas.

lunes, 8 de marzo de 2010

Cult. Areas 2-1 Somozas

Pancartas mostradas no encontro en contra das inxustas multas.





Partido disputado na Lomba nunha tarde nublada e cum cespede rápido. O encontro comezou cun forte asalto da Cultural a meta do Somozas, conseguindo asi no minuto seis nun corner o primer tanto areán Vicente. A Cultural nom se conformaba co tanto de Vicente e con bo xogo seguiu asediando a meta visitante destacando unha gran xogada individual de Nandi que apiques estivo de lograr o 2-0.
O Somozas case nom deu sintomas de reacción ata case a media hora de xogo, onde mandou un balom alto na meta de Samu. Asi remataria o primeiro xogo, cun claro dominador tanto no xogo coma no resultado.

Na segunda metade a Cultural relaxariase un pouco e darialle máis soltura o Somozas que empezaba a chegar a meta de Samu con certo perigo, mesmo asi o bo xogo no campo seguia sendo do Areas. O partido estaba aberto pra ambas equipas, e Fonseca no minuto sesenta apunto estivo a de anotar nun lanzamento de falta que rozou o longueiro.
Pero pouco despois chegaria a primeira polemica do partido, xa que no minuto setenta o colexiado pitaria un penalti a prol do Somozas que só viu el, nom podemos explicalo xa que nin sabemos o que pitou. Co penalti chegaria o triste 1-1, que facia que a Lomba deixase de cantar como estaba facendo ata o momento e empezase a silvar ou o cantar xa un mítico cantigo destes lares, "fora".

A Cultural nom tirou a toalla e foise polo gol da victoria facendo que o Somozas se cerrase atras, asi faltando cinco minutos chegaria a segunda polemica do encontro, un penalti sobre Facundo onde o gardaredes visitante o derrumba nun un contra un, o balom marchase fora sen que o porteiro visitante o toque e mesmo asi pita corner o colexiado. Enton estalaria a tensión na Lomba e chegarian as expulsións areáns, con roxa directa a Fonseca e o utillero, ambos no banquillo.
A Lomba enteira atopabase en pé queixandose impotentemente, pero enton foi cando chegou a xustiza, xa que nese mesmo corner Minis conseguiria o tanto da victoria que nos deixa na zona tranquila da clasificación.

Na Lomba rexistrouse unha das entradas menos abultadas, aínda asi superaronse as seiscentas persoas, que en contraste animouse como en poucos partidos ata agora con moi boa animazom. Destacar tamén a presenza de duas patrullas da garda-civil bastante antes xa de comezar o encontro, os cales cosquilleaban con todo, e decir que sequen ca mesma, seguen intentando meter medo e roubar a conta do Areas e os siareiros...

Da Horda entorno 25 siareiros que animamos os 90 minutos con moi boa animazom, unha das mellores da tempada. Durante o encontro mostramos duas pancartas en contra das inxustas multas caidas na semana pasada onde se podia leer "DEMOCRACIA ONDE", "TERRORISTAS QUENS".