miércoles, 12 de mayo de 2010

FOTOMONTAXES


Mais fotos da festa fin de tempada




Xogadores con bandeira da Horda no camión.

martes, 11 de mayo de 2010

Cul.Areas 1-1 Rápido de Bouzas




Encontro da última xornada de liga onde tanto nós coma o Rápido nom nos xogabamos nada, pero aínda asi o ambente foi inigualable. Nin a tarde choivosa pudo evitar que máis de 800 areáns acudiran a Lomba a festexar a permanenza.
Primeiro os membros da Horda fixemoslle unha pequena homenaxe os xogadores xa case mitoloxicos da Cultural Minis e Xan, que se retiran este ano despois de moitos anos de batallas ca Cultural. Pa iso fixemos varias pancartas e cantamos varias veces seus nomes pa recordarlles que sempre estaran con nós e fan xa parte da nosa historia.

O partido en si tubo fases de moita intensidade, pero notabase por veces a relaxación dos xogadores o nom xogarse case que nada. A Cultural adiantariase no primeiro xogo cun tanto de Minis de penalti, o que dedicou a afección. Os membros da Horda memos que chovia puxemonos detrar da porta pa animar a Minis no penalti de forma espectacular cos bandeirons.
No segundo tempo o Rápido empataria o encontro pouco despois da reanudación, a Cultural reccionou con varias ocasións e ata un tiro o pau por parte de Gabi de xogada individual pero o gol nom chegou. Nas bancada moita animazom o igual que detras das portas onde nos puxemos os membros da Horda, entorno uns 30 que mon deixamos de animar case que un segundo, nin a choiva poido con nós.
O rematar o encontro chegaria a gran festa, os xogadores festexaron no cespede a permanenza e correron pa tirarse no noso fondo, o que respondimos saltando o campo pa celebralo xuntos e ata sacamos varias fotos todos xuntos e nós cantaron cancións eles a nós.
Xa fora todo estaba preparado pa facer unha caravana por Areas e Ponteareas. Os xogadores montaron no trailer encabezando a caravana, entre suas pancartas e bandeiras que levaban podianse ver algunhas da Horda Pontareán. Pola nosa contra preparamos un Land Rover coa caixa aberta o cal enchimos de pancartas e bandeirolos da cultural e da Horda.
Asi despois dun longo paseo polas ruas de Areas e Ponteareas, voltamos desembarcar na Lomba onde oubo pinchos gratis pa todos e despois bervena cos grupos Jokers e Agarimo. na bervena subiron o palco xogadores, presi... num ambente festivo e de borracheira total pa todo o areismo, pra recordadar QUE SI OSTIA, QUE AINDA SOMOS EQUIPO E AFECCION DE TERCEIRA!! FORZA AREAS!!