miércoles, 21 de julio de 2010

25 de Julho, día da Patria Galega


Parabens e sorte Fonseca!!

O noso gran "Cali", Roberto Fosenca, deixa as filas da Cultural Areas 4 anos despois da súa incoporacion pra fichar no Coruxo e xogar na 2ªB. Atras deixa unha impecable e grandisima carreira na Cultural pra avanzar de categoria, votaremos de menos seus goles e loita pero alegranos enormemente seu ascenso a 2ªB, xa que este grandisimo xogador e mellor persoa o merece máis que ninguén.
Aparte do mundo deportivo Fonseca sempre foi un gran colaborador da Horda e grandisimo amigo de case todos os membros dela, polo que seguramente durante a tempada a Horda acudira máis dunha vez o campo do Vao do Coruxo animalo. Sorte compañeiro, pra nós eres e seras o millor.




Presentación Cultural Areas 2010-2011, en marcha!!

O martes día 20 fixo súa presentazom a Cultural Areas na Lomba pa arrancala tempada 2010-2011. O equipo presentase con importantes baixas da tempada pasada como Fonseca (Coruxo), Unai (Verin), Chuli (Rapido de Bouzas) e tamén o preparador físico Juan o cal vai probar sorte de adestrador, aparte tamén Minis e Xan os cales se retiran. A todos desexarlles dende a Horda moita sorte e saiban que sempre seran bem recordados por nós.

En canto a novas incorporacións, polo de agora subiuse a Vitas dos xuvenis da posición de porteiro, Grova, Xermán e Maikel do Porriño e Costas do Vilalonga. Recordemos que Maikel xa estivera na Cultural anos atras. A todos darlles dende aqui a bemvida.