viernes, 29 de octubre de 2010

Ordes 2-0 Cult. Areas

Partido disputado num ambente de choive e frío, o Ordes foi superior a unha cultural moi frouxa en ataque e con fallos defensivos. Pouco que aprender deste encontro e nada que ver coa imaxe que dimos na anterior xornada fronte o Alondras.

Desprazados cinco membros do grupo que animamos no que poidemos a un pobre areas neste encontro, esperemos por pronto fotos da viaxe.

martes, 26 de octubre de 2010

Cult.Areas 2-0 Alondras

Partido disputado na Lomba com moi bo ambente, onde a nosa Cultural deu a millor imaxe da tempada. O Alondras presetabase na Lomba nos postos de zona de ascenso, mentres que a Cultural necesitaba gañar pa sair dos postos perigosos da baixa taboa.

O primeiro tempo foi moi igualado, con moia pelexa polo balom no medio do campo e poucas ocasións.
No segundo xogo a Cultural millorou o contrario co alondras e empezou asi a chegar a meta visitante con perigo. asi conseguiria o primeiro tanto Nandi nun golazo de falta directa por toda a escadra da meta visitante.
A Cultural buscaba aumentar distancia no marcador pra garantir o resultado e asi conseguiria Costas o segundo gol despois de unha boa xogada colectiva.
Despois deste tanto o alondras tentou reducir diferenzas sem moita sorte, o unico destacable ata o final foi un tiro o pau.

No noso fondo moi bo ambente, entorno uns 25-30 siareiros os cales animamos moitisimo sobre todo no segundo tempo. Tamén destacar unha importante presenza de afección alondrán nas bancadas da Lomba.