miércoles, 5 de enero de 2011

lunes, 3 de enero de 2011

Cult.Areas 1-2 Rápido de Bouzas

Primeiro partido do ano e nova derrota da Cultural, case un mes despois a Cultural voltaba a Lomba ante un rival directo e veciño como é o Rápido de Bouzas.

Nos primeiros minutos a Cultural saiu polo partido e creou algunhas ocasións pero sem chegar a rematalas, a imaxe estaba sendo boa. Pero no minuto 10 todo se volta o revés tras o colexiado pitar un rigurisimo penalti na primeira vez que o Bouzas chegaba a meta de Samu. O Bouzas nom perdona e mete o 0-1 ante o descontento total da Lomba.
Dende hai o último cuarto de hora o partido nom foi de ninguén, e ata o propio Rápido poido aumentar a conta. Pero nos útimos 15 minutos a Cultural foise polo empate e gozou de varias ocasións sem chegar a rematalas, ata que case no desconto num rife-rafe de rebotes na area visitante Couso fai o 1-1 e todos os areáns vanse a celebralo, o arbitro num primeiro instante dera o gol valido pero volta pitar e amolesta a Couso, todos os ali presentes estabamos confusos e empezase a decir que anulara o gol por unha suposta man do propio Couso. O colexiado consulta tres veces o asistente e o partido parase case 5 minutos e finalmente a valanza arbitral volta favorecer o Bouzas por segunda vez no partido. Entre pitidos e mal estar na Lomba nos imos o descanso.

No segundo xogo os membros da Horda decidimos cambiar de fondo para dar máis apoio os nosos. Asi o Areas sae forte e cun bo xogo vaise arriba. Creanse varias ocasions de combinacións e centros moi elavoradas pero sem chegar a rematarse ou atopandose co gardaredes visitante.
A ocasión máis clara foi un centro-chut de Maikel que remata Nandi forzoso xa co meta visitante batido. Pero de tanto perdoar pagamolo caro pois chegaria o segundo tanto do Bouzas nunha ocasión aislada, dende hai ata o final o partido foi un ir e vir onde o Bouzas poido aumentar a conta. No desconto, coa Cultural xogando máis co corazón que con outra cousa conseguiria o definitivo 1-2, o autor do gol Gabi.

Na Lomba floxa entrada e uns 20 membros da Horda que animamos de forma intermitente.

Esperemos sacar millores resultados na segunda volta, pois esta acabamola bastante tocados cunha longa racha de malos resultados, polo que dende a Horda pedimos apoios a todo o areanismo pa sair de onde estamos. A AGUIA ROXA VOLTARA VOAR ORGULLOSA POLOS CAMPOS DA GALIZA.