jueves, 3 de febrero de 2011

martes, 1 de febrero de 2011

Novo diseño do Blogue.

Con este novo diseño queremos avacar máis cousas nosas e do noso clube, asi como entrvistas, fotos, material...
Dar grazas a un amigo que nos axudou nos deseños e a ter un blogue millor e máis completo, grazas, na Horda sempre seras recibido cos brazos abertos. Unha aperta.

lunes, 31 de enero de 2011

Pontevedra B 1-2 Cult.Areas

Victoria importantisima da Cultural Areas no feudo dun dos nosos rivais directos pola salvación, o filial do Pontevedra.
Ata Pontevedra nos acercamos cinco membros do grupo para estar cos nosos num partido que era case unha final, aínda que nom principio ibamos viaxar bastantes máis o final para moitos lles foi imposible a última hora.

O partido comezou cunha Cultural moi positiva que saiu polo partido, disfrutando asi dunha clara ocasión onde Comesaña nom chegou a rematar un centro bem posto por Nandi.
Co paso dos minutos o partido foise nivelando e empezaron a chegar as ocasións do Pontevedra, os cales conseguirian dende a distanza cun forte disparo petar un balom no longueiro da meta de Samu. Minutos máis tarde nunha xogada de ensaio num corner o Pontevedra conseguia adiantarse no marcador ante unha Cultural sorprendida pola xogada entrenada do Pontevedra que lles saiu a perfección.
Despois deste gol encaixado a Cultural tentou empatalo encontro antes do descanso indose arriba, cousa que conseguiria Nandi preto do descanso rematando un centro e conseguindo o empate.

No segundo xogo a Cultural saiu moi concentrada e disposta a pelexar ata o fim pra conseguir os tres puntos moi necesitados. Pero un penalti moi duvidoso puxolle o Pontevedra os pes voltarse adiantarse no marcador. Despois dun minuto de nerviosismo na grada areán, voltamos a votar un berro de alegria e animo os nosos pois os pontvdreses fallaron o penalti que se foi fora.
Entóm era noso momento, e con moitos rápidos contragolpes estabamos crando moito perigo na meta pontevedresa, foi entóm cando num rápido contragolpe Couso conseguia o pelexado 1-2 ante a euforia dos areáns ali presentes.
Os últimos minutos o filial pontevedres tentou asediar a area da Cultural, pero topouse cunha defensa moi solida e cun Samu na porta moi motivado e seguro, rematando asi o pelexado encontro, onde nos levamos tres puntos de ouro para Areas.

Nas bancadas moi bo ambente e bo desplazamento da parroquia areán na fermosa tarde invernal que fixo, movendo entorno un centenar de siareiros a cidade do Lerez. En canto a Horda cinco membros desplazados os cales dende cedo xa chegamos a Pontevedra, visitano os bares da ribeira do Lerez onde nos entoamos po encontro.

Para semana recibimos outro rival da nosa liga, o Portonovo, polo cal tentareamos que haxa un bo ambente na Lomba e esta se comberta num verdadeiro inferno para os visitantes.