miércoles, 4 de mayo de 2011

lunes, 2 de mayo de 2011

Cult.Areas 1-1 Naron

Partido malo nunha tarde choivosa na Lomba, onde o Naron practicou un fútbol moi defensivo e extratéxico. O partido baseouse nun mil intentar da Cultural de pasar os bem defendidos muros do Naron.
Adiantariase o Naron cunha xogada de extratexia nun corner no segundo xogo, no cal sorprenderon a saga areán completamente. Pouco despois conseguiamos o empate grazas a un gol de David Dominguez.
O final empate nun partido malo que nos deixa a deriva sobre o decenso, posto que estamos a dous puntos por enriba deste cun partido máis a falta de dúas xornada.

Na Loma moi bo ambente, con alrededor de 1.000 siareiros nunha tarde mollada polas choivas. Boa entrada tamén no noso fondo, con un bo número de simpatizantes.