miércoles, 21 de diciembre de 2011

martes, 20 de diciembre de 2011

Cultural Areas 3-1 Betanzos CF

Grande victoria da Cultural Areas ante un dos rivais máis directos da categoria, o Betanzos FC. O Areas comezou marcando moi rápido no minuto 5 con un gol de Carlitos que soubo aprobeitar moi bem un rechace na area do Betanzos. Despois do gol o primeiro xogo do encontro foi nivelado entre ambas equipas cun xogo de bo ver, as ocasións sucedorense en ambas portas e calquera dos dous poido marcar.

No segundo xogo, a Cultural saiu polo partido e depois de moitas ocasións erradas Silva conseguia o 2-0 no minuto 68. Dende ese minuto ata case o 80 o partido foi totalmente da Cultural e ate pudo ampliar a conta, pero quedeando dez minutos para o remate un penalti pitado na area areán fixo que expulsasen a Fonseca e o Betanzos reducise as diferenzas, aparte de quedar o Areas con 10.
A Lomba levaba as mans a cabeza tal e como se presentaban os últimos dez minutos, pero entón a cultural en vez de virse para atras aprobeitou bem os descoidos da defensa do Betanzos para asi Silva no minuto 88 conseguir o definitivo 3-1 no marcador.

En canto as bancadas, tarde fría na Lomba con medio millar de siareiros nas bancadas, boa animación por parte da grada e Horda en algunhas partes do encontro.