lunes, 13 de enero de 2014

Cultural Areas 5-1 Deportivo B




O Areas sae do descenso no estreo de Fonsi Valverde

O conxunto de Ponteareas explotou a expulsión do visitante Stefan para anotar cinco goles
Compartir en:   
JORGE CASTRO. VIGO DEPORTESAD@ATLANTICO.NET - 13-01-2014
Tras varias oportunidades nas que non o conseguiu e tras a sustitución de Julio Álvarez por Fonsi Valverde no banco, o Cultural Areas logrou abandoar os postos de descenso despois de endosar unha goleada onte na Lomba o Deportivo B nun encontro condicionado pola expulsión de Stefan.
Fonsi Valverde da instruccións ós seus futbolistas no encontro de onte.
Fonsi Valverde da instruccións ós seus futbolistas no encontro de onte.

Cos tres puntos de onte, os de Ponteareas sumaron a quinta vitoria consecutiva no seu campo. Tras un inicio nefasto de campaña, o equipo enderezou o seu rumbo na casa e co anterior técnico xa albiscaba saír do túnel. Aínda así, as derrotas a domicilio ante Rápido e Alondras propiciaron o troco de adestrador e Fonsi Valverde continuou a boa xeira de resultados como local do Areas. A vindeira semana comeza o reto de sumar como visitante.

No enfrontamento de onte, o filial do Deportivo adiantouse no tanteador cun gol de Chiño ós sete minutos de partido e despois, entre o minuto vinte e a media hora de xogo, sucedéronse unha serie de feitos que racharon o transcurso lóxico do encontro e, tamén, favoreceron o equipo de Ponteareas.

Primeiro, o central Insúa, un dos mellores da categoría na súa posición, retírouse do campo por lesión. Foi sustituido por Stefan e ós catro minutos chegou unha pena máxima que converteu José Arenas. Igualada e, dous minutos despois, segundo cartón para Stefan que deixou ó seu equipo con dez e sen recambios para a defensa.

Aínda así, non se amilanou o Deportivo B, que tratou de gañar o partido pero topouse cun Areas intelixente que tirou proveito da súa superioridade numérica para asinar unha goleada na segunda metade.


Cultural Areas: 
Vitas, Damián, Portas, Cañi, Bruno, Fonseca (Brais, min. 80), Hugo, Couso (David, min. 63), Carlos (Demi, min. 69), Juan Feijóo, José Arenas.

Deportivo B: 
David, Roberto, Uxío, Sidibé, Insúa (Stefan, min. 20), Teijeiro, Caño (Álex Pérez, min. 71), Ángel, Dani Iglesias, Romay, Chiño (Remeijeiro, min. 52).

Goles: 
0-1, min. 7: Chiño; 1-1, min. 24: José Arenas, de penalti; 2-1, min. 50: Juan Feijóo; 3-1, min. 58: Damián; 4-1, min. 65: Carlos; 5-1, min. 77: José Arenas.

Árbitro: 
Abel Fernández Lodeiro. Expulsou por dobre amonestación a Stefan (min. 26). Mostrou cartón amarelo a Bruno e Couso polo Areas.